A Máquina de escribir
Leroy Anderson
Leroy Anderson
Foi un compositor americano especializado en pequenas pezas livianas e novedosas, que de inmediato se fixeron famosas grazas ás súas melodías contaxiosas e inxeniosas.
En 1936, entrou a formar parte como arranxista e pianista da popular Boston Pops Orchestra, que é o nome da banda formada polos músicos da Orquesta Sinfónica de Boston cando facían gravacións fóra do repertorio clásico.
En 1950 gravou o seu primeiro disco en solitario. Como curiosidade, entre esas dúas datas decidiu parar unha tempada para exercer como lingüista do exército norteamericano en Islandia, durante a Segunda Guerra Mundial.
Anderson é autor de moitas composicións. Entre elas destacan, ademáis da Máquina de escribir, Jazz Pizzicato, O reloxo sincopado, Sleigh Ride, Plink, Plank, Plunk!, Blue Tango –polo que recibiu un disco de ouro por ser a primeira obra instrumental que vendeu un millón de copias- The First Day of Spring, Bugler’s Holiday, e Goldilocks.
