top of page

A Marcha Radetzky é unha composición orquestral composta na honra ao Mariscal de Campo Austríaco Conde Joseph Wenzel Radetzky, que nunha serie de vitorias, salvou o podería militar de Austria no norte de Italia durante a revolución de 1848. A marcha alcanzou grande popularidade como expresión do nacionalismo austríaco. Foi executada por primeira vez o 31 de Agosto de 1848.

Dende 1896 é a marcha oficial da "Escola Militar do Xeneral Berardo O'Higgins", do Exército de Chile.

Actualmente a Marcha Radetzky debe a súa popularidade a que é a peza coa que acaba o Concerto de Ano Novo de Viena. Durante esta última obra a audiencia aplaude a compás e o director vólvese para dirixir ao público en lugar de dirixir á orquestra.

Como dato anecdótico, na película do director húngaro István Szabó O coronel Redl, escoitase esta marca nos créditos iniciais e finais. Esta obra deu tamén nome á novela de Joseph Roth, A marcha Radetzky.

 

 

© 2023 by Name of Template. Proudly created with Wix.com

bottom of page